Burela, 17 de maio de 2014. A Delegación de Mar e Medio Ambiente de Burela puxo en marcha unha campaña de compostaxe doméstica, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense a través dun convenio con Sogama.
Segundo explica, Patricia López Eijo, “o obxectivo é reciclar a materia orgánica en orixe, transformándoa nun abono natural, compost, con excelentes propiedades para o chan e que o produtor pode utilizar no súa horta, xardín e terras de cultivo, en substitución dos fertilizantes artificiais. Esta iniciativa permite reducir a xeración de residuos, pechando o ciclo de recuperación e reciclaxe de materia orgánica en orixe, o que evita o seu depósito nos contedores convencionais, alcanzando importantes beneficios tanto ambientais como económicos”.
A inscrición no Programa incluíu unha hora de formación específica sobre o proceso de compostaxe realizada o pasado martes, día 13 de maio. E a entrega dos 54 composteiros gratuítos fíxose onte, venres, pola tarde na praza de abastos. Neste acto participou o concelleiro de Obras e Urbanismo, Manuel Fernández Valle.
Todos os participantes recibiron un manual de compostaxe doméstico no que se explica de forma moi sinxela:
-qué é a compostaxe doméstica: é un proceso de descomposición biolóxica dos materiais orgánicos xerados no fogar (restos de comida, podas, etc) obtendo un produto final que se pode utilizar como abono nos xardíns e hortas.
-para facer compost necesitase un espazo axeitado na horta ou xardín e residuos.
-os materiais a depositar no composteiro: para obter un bo compost o mellor é utilizar unha grande variedade de materiais, tendo en conta que canto máis triturados estean, maior será a rapidez da súa descomposición e fermentación. Podemos depositar restos de comida (froitas,verduras), cinzas e serrín de madeira non tratada, restos de poda, raíces, follas, céspede, etc.
No manual tamén se fala dos posibles problemas e solucións e dos beneficios do compost.
Desde a Concellería de Medio Ambiente engaden que “posteriormente realizarase un seguimento do proceso de compostaxe polas monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia e polo equipo de Sogama”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



