O Concello de Cervo ven de dirixir un escrito á Deputación Provincial para esixirlle que actualice as contas que ten pendentes co Concello.
Con esta carta “queremos contestar ás críticas da Deputación nas que volve falar dunha débeda do Concello co ente provincial que, en realidade, só ten que ver coa incompetencia do departamento de Recadación da Deputación”, segundo aseguran dende o Concello.
O texto, asinado polo alcalde, Alfonso Villares, di:
“Fai uns días, dende a Deputación Provincial de Lugo facían público o pago do 75% da anualidade de 2013 correspondente aos GES, aos concellos que cumprían os requisitos. Na dita publicación, din que ao Concello de Cervo se lle compensou a contía a percibir coa débeda que ten pendente coa Deputación, que corresponde ao recargo do IAE entre o 2009 e o 2012.
Lembramos que dende fai uns anos, este concello ten delegada na Deputación Provincial a cobranza do Imposto de vehículos de tracción mecánica, IBI e IAE (agás a parte de Alúmina) polo que esa Administración provincial ten a posibilidade de compensar a débeda pendente. Non entendemos pois que aínda non o teña feito, salvo que sexa por deixamento de funcións, por algunha irregularidade ou por incompetencia por parte de ese ente provincial.
Polo que, desde o Concello, solicitamos:
1.- saber cal é o motivo polo que non cancelaron a débeda que este Concello poida ter con vostedes
2.- que, coa maior urxencia posible, tomen as medidas que proceda para cancelar a dita débeda
3.- Sorpréndenos que esa incompetencia na xestión dos recursos da Deputación Provincial tan só sexa co Concello de Cervo e non cos outros catro concellos gobernados polo partido socialista, aos cales lles aboaron o pago polos GES, polo que nos gustaría saber se eses catro concellos (Becerreá, A Fonsagrada, Monterroso e A Pontenova) tiñan algún tipo de débeda coa entidade provincial á data da publicación”.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



