Cervo, 15 de maio de 2014- O Concello de Cervo leva varias semanas traballando para converter un antigo quiosco nun punto de información turística. A súa situación, céntrica, moi próxima á praia do Torno e xunto a edificios como a Casa da Cultura ou o Museo do Mar, foron algúns dos motivos a favor para elixilo como lugar de información a veciños e visitantes.
En concreto, o Concello pretende que as súas funcións vaian máis alá das que tradicionalmente se lle atribúen a unha oficina de información turística. Así, ademais de achegar folletos e informar aos visitantes dos lugares que poden visitar, das festas e de calquera dato que lle poida ser de utilidade ao viaxeiro, o Concello tamén pretende que os veciños poidan recibir información sobre as actividades que se poñen en marcha.
Cabe destacar que este quiosco, coñecido na vila como “Quiosco de Juana” é un punto emblemático da vila de San Cibrao. A súa propietaria cesou a actividade hai uns meses e o Concello decidiu manter esa vocación de información que sempre tivo, reconverténdoo nun punto de asesoramento turístico. Por ese motivo, vaise respectar a súa estética e a súa estrutura. Desta maneira, o Concello limitarase a sinalalo e acondicionalo para a atención ao público.
A delegación de Turismo está traballando co obxectivo de que este punto de información entre en servizo no verán “deseando que sea de máxima utilidad y que sirva para que los usuarios se mantengan informados, como forma de ayudar a que los turistas recorran nuestro concello y que los vecinos aprovechen al máximo la oferta lúdica y cultural que ponemos en marcha desde el Concello y también las asociaciones” explica a edil de Turismo, Begoña Alonso, que xunto co alcalde de Cervo, Alfonso Villares e técnicos municipais se achegou ata a instalación para comprobar os avances.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



