Cervo, 20 de maio de 2014- O Concello de Cervo manifestou hoxe o seu pesar polo falecemento do artista catalán Juan Queralt Blanch, que nos últimos meses expuxo a súa obra “El Quijote y los Derechos Humanos” no municipio cervense. Dende o mes de decembro de 2013, cando abriu a súa obra pictórica ao público nas Carboeiras de Sargadelos, Queralt comezou a implicarse na vida cultural e social do concello, participando en numerosos actos e promovendo algúns outros como foi o caso da lectura multilingüística do Quixote polo Día do Libro.
“Para nós era xa un cervense, unha persoa activa e un artista comprometido e incansable, que non paraba nunca de traballar para estender a cultura na nosa sociedade, especialmente entre os máis novos” asegura o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, que trasladou o seu pésame e o de todo o Concello á familia. O rexedor lembra a súa “excelente labor cos escolares”, e a “emoción coa que vivía o mundo da arte e a satisfacción que lle producía poder explicar aos estudantes a súa visión do Quixote e os Dereitos Humanos”.
Ao mesmo tempo, Villares lembra a obra que dedicou Queralt ao Concello de Cervo pola Festa do Ourizo e que se atopa exposto na entrada do Auditorio da Casa da Cultura. “O momento da entrega foi moi emotivo, xa que para nós é unha honra que un pintor da súa calidade artística, pero sobre todo persoal, nos agasallase cunha obra feita para nós”.
O mandatario cervense quere amosar tamén o seu agradecemento a Juan Queralt “por todo o que nos ensinou durante estes meses nos que foi un cervense máis”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



