Lourenzá, 20 de maio de 2014. O Concello de Lourenzá anuncia a posta en marcha dunha campaña voluntaria de vacinación de cans que se levará a cabo nas catro parroquias do municipio. Comezará este mércores 21 na parroquia de Santa María; o xoves 22 será en San Xurxo; o luns 26 farase en Santo Tomé e o martes 27 en Santo Adrao. A campaña será para levar a cabo diferentes tipos de vacinacións, desparasitacións e a emisión de nova cartilla pasaporte xunto con implantación de microchip para aqueles animais que aínda non o teñan. Os encargados serán os veterinarios Silvia Roca Castro e Xosé Antón Luaces e os interesados poden chamar aos teléfonos 689.55.11.83 ou 667.23.18.36.
Campaña voluntaria de vacinación de cans en Lourenzá
Campaña voluntaria de vacinación de cans en Lourenzá
Relacionado
-
Éxito de público na presentación do libro sobre o escultor José Otero Gorrita en Portas Ártabras na Coruña
-
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu este mércores a Xunta Local de Seguridade de Viveiro xunto coa alcaldesa, Mariña Gueimunde, para coordinar o dispositivo de seguridade con motivo da celebración do ‘Resurrection Fest’ que celebra o seu vinte aniversario
-
O alumnado de 4º da ESO do IES Marqués de Sargadelos participou esta semana nun bautismo de mergullo na piscina municipal