Foz, 30 de maio de 2014. O goberno municipal de Foz critica a PSOE e Unifoz por impedir no pleno da corporación celebrado onte o pago de facturas a provedores pendentes de 2013 por valor de 160.000 euros, o que prexudica a varias empresas, moitas delas locais. O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, considera que isto, que nunca pasara no Concello focense, ocorre agora porque o grupo socialista está manipulado por Xaime Cancio.
“Unha vez máis o venres despois dun pleno é día de decepción absoluta por parte do goberno municipal de Foz posto que os grupos da oposición, neste caso o Partido Socialista e Unifoz, encabezado por Xaime Cancio, votaron en contra do pago das facturas reparadas no recoñecemento extraxudicial. Estamos a falar de 160.000 euros para empresas, moitas delas locais, que non van poder cobrar, que van ter que acudir seguramente aos tribunais de xustiza, algo que non pasou nunca na historia deste Concello, no que os recoñecementos extraxudiciais aprobáronse sempre, tendo reparos ou non, incluso co Partido Socialista no goberno, no que estaba o señor Xaime Cancio”, explicou Javier Castiñeira.
O rexedor municipal aclara que “o propio informe de Intervención di que se esas facturas están encargadas pola administración, se corresponden a traballos realizados e se teñen un prezo lóxico e normal, o que se cumpre en todas elas, hai que pagalas, independentemente de que teñan esas deficiencias ou posibles reparos na documentación”.
Castiñeira engadiu que “é vergonzoso porque quen está exercendo de líder da oposición e do Partido Socialista e o señor Xaime Cancio. Xa se nota que estamos empezando o período preelectoral e Cancio está manexando as decisións do Partido Socialista, porque o señor Val está completamente desaparecido no PSOE local, que non sei cales son os intereses que o moven. O señor Moncho Candia e xente da executiva local do Partido Socialista están pensando en rédito electoral e parécenos verdadeiramente vergonzoso que primen os intereses do partido e dunha persoa antes que os intereses municipais, dos provedores e das empresas que van quedar sen cobrar. Tamén nos parece vergonzoso que o señor Xaime Cancio diga que grazas a el van cobrar as empresas que teñen facturas sen reparos. Era xa o que faltaba, porque grazas tamén a el as empresa que teñen algunha factura reparada non van cobrar. E algúns deses reparos son tan insignificantes como ter unha parte do expediente incompleto. Son reparos que houbo sempre neste Concello, incluso gobernando o Partido Socialista e estando o señor Cancio”.
O alcalde rematou manifestando que “entramos en época electoral e estamos vendo a un Partido Socialista desfeito totalmente e mandado xa polos intereses do señor Xaime Cancio e Unifoz non existe. O tempo daranos a razón”.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



