O grupo de apoio a AGE de Ribadeo convoca unha charla-coloquio o próximo venres, 9 de Maio, ás 20.00 h na Casa do Mar co tiduo “PROS E CONTRAS DAS INTERVENCIONS SANITARIAS, O CASO DA MAMOGRAFIA PERIODICA E OS TRATAMENTOS HORMONAIS SUSTITUTIVOS”.
A charla será impartida pola Dra. Carmen Mosquera Tenreiro, epidemióloga da Consellería de Sanidade de Asturias, unha muller comprometida no movemento feminista e outros colectivos sociais e con ampla experiencia en promoción da saude. Carmen Mosquera ten publicado un traballo sobre estes temas no ano 2005 tras unha conferencia celebrada en Barcelona.
O debate sobre os pros e contras da mamografía está de plena actualidade. Algunhas citas autorizadas son as seguintes: O informe Cochrane de 2013 (www.cochrane.dk), a recomendación de suprimir o cribado periódico do Consello Médico Suizo (www.medical-board.ch) de 2-2-14 e o blog Non Gracias no estado español. A Sociedade Española de Epidemioloxia dedicará unha ponencia ao estado actual da custión na XXXII Xuntanza que se celebrará en Alicante os días 3-5 de setembro de 2014. Sin embargo as dúbidas sobre a mamografia sistemática veñen de lonxe. Xa no 1.996 un informe do Observatorio de Programas do Ministerio de Sanidade español advertía de que non estaba demostrada a eficacia global dos programas.
En Galiza participan unhas 150.000 mulleres cada ano nestes programas, pero non existe unha avaliación actualizada do binomio beneficios/desvantaxes.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



