Dende o PSdeG-PSOE de Burela queremos amosar publicamente a nosa sorpresa e indignación pola nova feita pública este xoves nun medio de comunicación referida á negativa de asistencia no Hospital da Costa a un neno de dous anos que precisaba de asistencia médica. Realmente estamos abraiados con que estas novas se podan producir nun país coma España, e vistos os feitos, estamos máis cerca de parecernos a países do terceiro mundo que a un país desenvolvido e cuns cidadáns cos dereitos básicos, como é a de atención sanitaria, garantidos.
Dende o PSdeG-PSOE esiximos unha explicación por parte da Dirección do Hospital sobre este feito, ¿como se pode deixar sen asistencia sanitaria a un neno de dous anos que precisa atención? Estes feitos non poden pasar como unha anécdota máis e o caso debe de ter unha explicación e unha asunción de responsabilidades por parte da Dirección do Hospital, alguén ten a obriga moral de presentar a dimisión ante uns feitos de tanta gravidade, e como máximo responsable todo apunta a que o Director do Hospital debería de marcharse xa que a súa xestión está a deixar moito que desexar, e está a impor o criterio político do Partido Popular ó seu criterio profesional e médico na atención de todos os veciños e veciñas de Burela e da Mariña. Él é o máximo responsable da xestión deste hospital e está claro que non é, nin moito menos, unha xestión que defenda o noso Hospital da Costa.
Estes feitos non fan máis que confirmar o deterioro asistencial que está a sufrir o Hospital da Costa, e especialmente cos máis desfavorecidos. Mentres tanto os alcaldes do Partido Popular seguen a esconderse e non dar a cara polos seus veciños e veciñas, ¿realmente son dignos de ser representantes do pobo uns personaxes que pregan os intereses dos seus veciños e veciñas ós intereses partidistas do Partido Popular?, se lles quedase algo de dignidade deberían de tomar cartas no asunto e poñerse do lado dos seus veciños e veciñas e non esperar a que as cousas vaian a peor e teñamos que lamentar cousas máis graves que non poidan ter solución.
Dende o PSdeG-PSOE de Burela esperamos que estes feitos non se volvan a repetir e que dunha vez por todas se free o deterioro asistencial do Hospital da Costa que están a sufrir tanto os cidadáns de Burela e da Mariña, como os profesionais que exercen a súa labor no propio Hospital da Costa.