O Grupo Municipal Socialista de foz presenta unha Moción instando á Consellería de Sanidade á retirada da medida prevista polo Sergas consistente no peche de máis dun millar de camas durante o período estival nos complexos hospitalarios públicos galegos.
En Foz, a 27 de maio de 2014.
O Sergas conta con 7.315 camas repartidas nos catorce complexos hospitalarios públicos. Delas, estarán pechadas este verán, durante os meses de xullo, agosto e setembro, unha media de 1.095 camas, o 14 % do total. É a cifra máis alta dos últimos dez anos, ata o punto de que duplica os datos do 2007 ou do 2009. Non obstante, nos últimos anos o aumento de camas pechadas foi incrementándose progresivamente verán tras verán, ata superar o millar no vindeiro período estival.
Polo que respecta á nosa provincia, nos tres hospitais de Lugo pecharán 150 das 1.008 camas, e, en concreto, no Hospital da Costa de Burela pecharán 30 camas, prescinden de 15 camas en Traumatoloxía e dotras 15 en Ciruxía, o que supón o 22 % do total das que dispón o hospital mariñán.
As razóns que aducen os responsables das estruturas de xestión integrada son sempre as mesmas: a caída do índice de ocupación que se produce sempre no verán pola redución estacional de patoloxías, e a necesidade de planificar as vacacións dos profesionais que demandan os meses de xullo, agosto e setembro maioritariamente. Razóns que dende o Grupo Municipal Socialista de Foz non atopamos en absoluto xustificadas, polo que nos opoñemos totalmente ao peche de camas hospitalarias, pois pensamos que ditas medidas do Sergas provocan un grave deterioro da calidade asistencial, con colapsos nos servizos de urxencias e un grande aumento das listas de espera, consecuencias que se agravan máis aínda naquelas comarcas nas que aumenta considerablemente a súa poboación durante a época estival debido ao turismo, como é o caso da Mariña; conlevando, ademáis, un maior paro no sector, porque apenas se contratan sustitutos para cubrir vacantes, tal e como se ven denunciando por parte das distintas organizacións sindicais.
Polos motivos expostos, dende o Grupo Municipal Socialista do Concello de Foz presentamos para o seu debate e posterior aprobación polo Pleno da Corporación, a adopción do seguinte ACORDO:
Que dende o Concello de Foz se inste á Consellería de Sanidade á retirada da medida prevista polo Sergas consistente no peche de máis dun millar de camas durante o período estival nos complexos hospitalarios públicos, pois dita medida provocará un grave deterioro da calidade asistencial, con colapsos nos servizos de urxencias e un grande aumento das listas de espera.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



