A actividade da Ocioteca de Cervo -que habitualmente se celebra na Casa do Mar- desprazouse ata o pavillón municipal da Veiga este sábado para que os nenos e nenas participasen en probas de destreza, de habilidade e outros xogos nos que o exercicio físico ten un papel destacado. Coma sempre, a Ocioteca ten lugar en dúas quendas. A primeira de 11 a 12:30 para infantil e a segunda de 12:30 a 14 para primaria.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



