CERVO, 27 DE MAIO. Os socialistas de Cervo denuncian a falta de implicación do Concello coa ACIA, Asociación de Comerciantes Industrais e Autónomos, “debe ser dos poucos, senón o único de toda A Mariña, que non apoia como debera este colectivo. O noso equipo de goberno non acaba de darse conta que son o motor dinamizador da economía local”.
Ven cómo os Concellos da comarca, de distintas cores políticas, anuncian día sí día tamén medidas de apoio e impulso ás Asociacións de Comerciantes e Cascos Históricos do seus concellos, cómo apoian con recursos económicos, humanos e materiais as distintas iniciativas que levan a cabo, mentras o Concello de Cervo, “fai todo o contrario. Non nos esquecemos que hai pouco destinou unha subvención de 15.000 euros da Xunta de Galicia que tiña como finalidade a dinamización do comercio local ó pintado dos pasos de peóns”.
Dende o Grupo Municipal Socialista subliñan que nestes momentos difíciles, este tipo de asociacións van collendo máis peso nos seus concellos coa axuda e respaldo institucional, “o apoio en Cervo redúcese a tan só 700 euros, a subvención nominativa de menor contía de tódolos orzamentos. Iso sí, gastamos cerca de 380.000 euros na implantación de herba artificial nun campo de fútbol que era de herba natural”.
Os socialistas mantéñense na idea de que o sector servizos, os comerciantes e autónomos son a día de hoxe “un dos piares fundamentais da nosa economía. Traballan e dan traballo no noso concello e dan un paso máis ó unirse nunha Federación de Comercio a nivel comarcal para aunar sinerxías e buscar beneficios que redunden en toda A Mariña”.
Os membros do GMS queren e esíxenlle ó Partido Popular que “priorice e axude a estes colectivos se un dos seus obxectivos é a dinamización da economía local. Se continúa con esta actitude, demostrará que o que realmente lle interesa non é precisamente a recuperación económica do noso concello”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



