Cervo, 6 de maio de 2014- O Concello anuncia que xa están de novo abertos á circulación dous camiños da parroquia de Rúa que foron acondicionados. En concreto, as obras de mellora acometéronse no camiño das Lombas e no de Curuxeiras. Uns traballos que eran necesarios para mellorar o estado destas dúas vías que unen varios núcleos da parroquia e que, polo tanto, son de uso habitual por parte dos veciños.
No caso do camiño das Lombas foron acondicionados uns 700 metros de vía e no de Curuxeiras uns 800 metros. Unhas obras que forman parte do Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal que financia a Xunta de Galicia e no que investiu, no caso do Concello de Cervo, uns 48.000 euros.
Un plan no que tamén se incluíu a obra para habilitar un camiño peonil que une a residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña co núcleo de Cervo, e que xa entrou en funcionamento. Estas obras forman parte dun proxecto máis amplo co que o Concello de Cervo pretende mellorar os camiños municipais e que abarca todas as parroquias.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil Yolanda Pedreira, o pedáneo da parroquia e técnicos municipais comprobaron hoxe a finalización destas obras.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



