ADEGA convoca por terceiro ano consecutivo a limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Un referente que xa nos anos anteriores conseguiu que centos de persoas participaran nesta actividade de denuncia e de voluntariado ambiental.
A día de hoxe están programadas máis de 25 limpezas que terán lugar o próximo fin de semana do 6, 7 e 8 de xuño en toda Galiza grazas ao compromiso de numerosas persoas, conmemorando o día dos Océanos (domingo 8).
Centros de ensino, escolas de surf, asociacións culturais, concellos, ANPA… e outras moitas entidades que suman un total de 34 convocan limpezas dende A Mariña ata Nigrán.
Grandes e pequenos participarán nestas limpezas para reivindicar e dar a ver un grave problema ambiental: os residuos mariños.
Seguindo as indicacións do protocolo para a limpeza de praias, os grupos realizarán limpezas respectuosas cos ecosistemas das praias, contando na maioría dos casos co apoio dos concellos. Ademais varios grupos colaborarán co proxecto Marnoba poñendo en práctica unha nova metodoloxía para a caracterización do plástico mariño.
O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta, as principais causas son: a insostibilidade dos modelos de consumo e produción da nosa sociedade, as malas estratexias na xestión dos nosos residuos e a falta de sensibilización da poboación. Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos. Moito deste lixo provén da industria do mar (pesca, extraccións…), pero unha grande parte chega a través dos ríos, debido a unha mala xestión en terra. É necesario concienciarse da necesidade de reducir o consumo de plástico, por iso estas limpezas serven tamén como actividades de educación ambiental para a cidadanía.
Aínda estás a tempo de sumarte ás limpezas de praias, busca a limpeza máis cercana no mapa ou organiza unha na túa praia.
Na Mariña serán o Club de surf North Shore o que limpe unha das praias de Barreiros e o IES Perdouro unha das praias de Burela.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



