O alcalde, José Mª González Barcia, e a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, acudiron este mércores a unha xornada sobre prevención de violencia de xénero no salón de conferencias, que rexistrou unha asistencia moi importante para escoitar á responsable da Unidade contra a Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno en Lugo, Ana Pacio, e á delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Para Diana Durán, concelleira de Muller, “as dúas foron moi concisas nos conceptos vinculados coa violencia de xénero e cos factores determinantes para a súa detección. E incidiron na importancia da colaboración estreita e do traballo conxunto que deben efectuar os entes públicos e privados, tal e como acontece entre o CIM burelés e asociación Bumei”. Foi Bumei a encargada de organizar este seminario. A súa presidenta Mary Fraga anunciou que se desenvolverán tres ao longo do presente ano.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



