O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este venres o II Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais #INLUGO14, unha iniciativa do programa tecnolóxico da institución luguesa Innova-TE, financiado nun 80% por fondos europeos, que continuará este sábado. 250 persoas encheron o Pazo Provincial para seguir a 1º xornada deste evento gratuíto e para todos os públicos. Os interesados poden seguilo en directo a través de Internet, en www.deputacionlugo.org, grazas á retransmisión streaming que realiza a Fundación TIC; ou dende as redes sociais, co hashtag #inlugo14. A pantalla da Praza de San Marcos tamén o emite. O éxito de participación e o nivel dos preto de 30 conferenciantes fan que o #INLUGO14 sexa xa o congreso de redes sociais máis importante de Galicia, “convertendo a nosa provincia no epicentro do mundo dixital no pais. O noso obxectivo é consagrar este encontro como unha referencia a nivel nacional”, subliñou o Presidente.
Por segundo ano consecutivo, a Deputación reúne en Lugo a un público moi heteroxéneo, de todos os perfís e idades, para conversar sobre o verdadeiro significado da Rede na sociedade e para fomentar o uso das novas tecnoloxías entre todos os sectores, “este é o verdadeiro ADN do congreso”, subliñou o Presidente. Para elo, conta coa participación de reputados expertos do xornalismo, gastronomía, moda, tecnoloxía, goberno aberto, marketing dixial ou seguridade na rede.
Mostra disto, a ponencia inaugural, O verdadeiro momento do xornalismo dixital, estivo a cargo de Ramón Lobo. Xornalista, escritor de éxito e corresponsal de guerra de conflitos bélicos como Bosnia, Kosovo, Chechenia, Irak, Afganistán, Serra Leona, Libeira ou Ruanda, mantén un dos blog de refencia para o xornalismo, ramonlobo.com, polo que recibiu o premio iRedes na Categoría Individual.
A xornada de hoxe tamén contou coa participación de Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, e Delia Rodríguez (@delia2d), xornalista do Huffington Post, experta en Internet e autora de Memecracia, onde relata o fenómeno dos memes e virais, así como a súa influencia na sociedade. Ámbolos dous foron os protagonistas da mesa redonda sobre Os virais que nos gobernan. Efrén Álvarez (@EfrenMasterChef), lucense que participou en Master Chef, e os blogueiros Luis Rodríguez (@luisete) e Paco Becerro (@futurobloguero) avaliaron A moda gastronómica. A programación deste venres pechouna o humorista Víctor Grande (@vicgrande).
Blogosfera lucense
A programación deste sábado arrancará ás 10:45 horas, coa presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e co ADN lucense. Os participantes serán: Elio Laureano, de Didimox; Hugo Iglesias, de Miramar Cruceros y Nudoss; Rubén Pérez e Kathryn Phillips, Don´t be a foreigner; Santiago Martínez, Ocio en Galicia-Ocio en Lugo; e Tamara Raposo, xornalista e Community Manager. Ás 12:00 horas, será a quenda de Juan García, director de AdamaWeb e editor de Blogoff, galardoado polo diario 20 Minutos como mellor blog de tecnoloxía 2007 e 2º premio Bitácoras 2011, que falará sobre Alfabetización dixital.
Goberno aberto
Ás 13:00 horas, arrancará un espazo dedicado ó goberno aberto, “polo que apostamos na Deputación de Lugo para aumentar a participación cidadá e a transparencia na xestión do público, en definitiva, nun exercicio de profundar na democracia”, destacou Besteiro. Os conferenciantes na mesa redonda Open Government serán Carlos Guadián (@carlosguadian), editor dende 2003 de K-Government, un dos blogs referenciais do goberno aberto; Cristina Juesas (@maripuchi), asesora do proxecto do goberno aberto do Executivo vasco; e Pablo Rivera (@priveracapon), Director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo.
Lo bueno, si breve…8 ponencias de 15 minutos
Lo bueno, si breve…8 ponencias de 15 minutos, será o bloque que arranque na sesión de tarde, a partires das 16:30 horas, coas seguintes seguintes intervencións: O día que a moda chegou a Internet, Paloma Abad (@palomaabad), El País; De San Fernando a California, Alexandra Guerrero (@Drita). Editora xefe de Engadget España; Imos a empezar a deixar de parecer e empezar a ser, por Clara Ávila (@claraavilaC), consultora Social Media e blogueira; A revolución das Google Glass, por Juan Barambones (@remotteglass), CEO de Remotte; Blogs e nais. O meu xefe é Ricky Martin, por Lucía Sández (@babybaballa); Máis importantes que o FBI, por Carlos Fernández, Community Manager de @policia; Así se ve o mundo dende 100 metros de altura, por Rubén e Nacho, de Air-e Lugo (@AIR_eProduccion); e Celebrities&Twitter, por Laura Pintos (@credula).
II Premios #INLUGO
Ás 19:30 horas será a entrega dos II Premios #INLUGO. Son os galardóns que recoñecen aquelas iniciativas, persoas e organizacións da provincia que están a destacar no bo uso de Internet e as novas tecnoloxías en diferentes ámbitos. Presentáronse medio cento de proposta para as catro categorias do certamen: Comercio, Lecer e Restauración; Educación e Formación; Cultura e Social; e Tecnoloxía.
O broche final do congreso, ás 20:00 horas, poráo Pepo Jiménez (@Kurioso), responsable da plataforma que monitoriza os contidos da rede máis exitosos, amosando Os 10 mellores momentos de Internet 2014.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



