O Valadouro, 27 de xuño de 2014.- O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, participou, esta tarde, na presentación do programa da Homenaxe a Miro Casabella que terá lugar o primeiro sábado do mes de xullo na súa vila natal. Un acto organizado por varios colectivos culturais da comarca, nomeadamente Amado Lar, Liga Céltica Galaica e O Mundo de Galea, de O Valadouro; Aventados, de San Cibrao; Buril, de Burela; Casa Hamlet, de A Coruña; Francisco Lanza, de Ribadeo, Irmandade San Caetano, de Celeiro de Mariñaos; Mariñapatrimonio, Ollomao, de Barreiros; Os Castros, de Cangas; e Pensamento e Sementeira, de Viveiro; en colaboración coa área de Cultura da Deputación de Lugo e a Concellería de Cultura de O Valadouro.
Este pretende ser un acto de recoñecemento ao cantante Miro Casabella en Ferreira do Valadouro, que estivo precedido por varias actividades encamiñadas a homenaxear a súa figura que se foron desenvolvendo por disintas localidades da comarca da Mariña dende o pasado mes de abril.
Durante a presentación, Antonio Veiga fixo ficnapé en que “con esta homenaxe a Miro Casabella estamos pondo en valor o labor de recuperación democrática e de pensamento galeguista e nacionalista ao que contribuíron figuras da canción galega na época do tardo franquismo e a chamada transición”.
Neste sentido, o vicepresidente da Deputación lembrou “a figura de Miro Casabella de cando formou parte do conxunto de cantautores galegos Voces Ceibes, un grupo de canción protesta que xurdiu nos anos setenta, concretamente nesa etapa coñecida como transición, un proceso, que, corenta anos despois, cando podíamos pensar que non tiña cabida, volveu a repetirse”.
A homenaxe a Miro Casabella no Valadouro, que se celebrará o vindeiro sábado 5 de xullo, comezará xa pola mañá, coa colocación dunha peza cerámica na casa natal do homenaxeado, amenizada polo grupo de música tradicional Amado Lar, e na que coparecerán representantes do Concello e da Vicepresidencia da Deputación, seguida dun xantar popular no parque da localidade, no que invervirán varios persoeiros da cultura e das letras, como Vicente Araguas, Lois Diéguez, Manuel Lourenzo, Arturo Mogo ou David Otero. A área de Cultura da Deputación de Lugo agasallará aos participantes co libro-CD “Miro Casabella e a nova canción galega”, de Xan Fraga.
O acto continuará pola tarde cun concerto baixo o lema “Por ceibar a voz” na Praza de Ferreira, no que actuarán artistas da talla de A Quenlla, Arcadio, Bieito Romero, de Luar na Lubre, David Bellas, García e Leo, Quintas Canella, Tino Baz, e Pilocha.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



