A Confederación Intersindical Galega, como organización sindical das traballadoras e traballadores galegos, constituída para a mellor defensa dos seus intereses e que aspira a unha Galiza plenamente soberana, considera que o anuncio da abdicación do xefe do Estado español responde a unha manobra para intentar garantir a continuidade da monarquía e do propio sistema.
A CIG quere lembrar que o rei, malia a operación cosmética do proceso de transición e a propaganda mediática que pretendeu instalalo no imaxinario colectivo como o máximo defensor da democracia, foi designado a dedo polo ditador, referendado en 1969 polas Cortes franquistas e que asinou, para garantir así o seu nomeamento, os principios do ‘Movimiento’.
Atendendo a isto, a CIG entende que a monarquía é unha institución anacrónica e antidemocrática que ten, para o sistema xurdido dese fraudulento proceso de transición, o fin único de garantir a unidade de España e a defensa dos intereses de clase da oligarquía española.
Esta abdicación prodúcese no momento no que o rei e a propia monarquía sofren o maior desgaste da historia; no que a clase traballadora está a sufrir fortes recortes de dereitos laborais e sociais cun gravísimo empeoramento da súa calidade de vida; no que os pobos das nacións sen estado emerxen reclamando o seu dereito a decidir e no que existe un cuestionamento do propio sistema por amplos sectores da sociedade.
Este contexto político, económico e social é o que leva a que por parte da burguesía española se promova esta abdicación para pór en marcha unha nova operación cosmética colocando ao seu herdeiro para intentar salvar, non só á propia monarquía, senón tamén o actual sistema capitalista e neoliberal e un modelo de Estado profundamente centralista, negador do seu carácter plurinacional o do dereito de autodeterminación das nacións que o integran.
En consecuencia, a CIG, atendendo á súa definición, ámbito e obxectivos, apoia e participará nas mobilizacións convocadas na tarde do xoves na Mariña polo dereito a decidir e por unha República galega plenamente soberana. A mobilización será a partir das 20.00h na Praza da Mariña en Burela.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



