A Confederación de Anpas Galegas, diante do silencio da consellería de educación á nosa petición de xuntármonos para debatir o sistema no que se debe artellar o precepto constitucional de ensino obrigatorio no que atinxe aos libros de texto, pretendendo deixar así sen voz ás preto de 300 anpas que participan desta confederación, queremos expor a nosa postura sobre a actuación do goberno do noso País na cobertura que se lles dá ás familias para a adquisición de libros de texto para o alumnado dos centros públicos galegos.
A consellería de educación opta por materializar esa axuda a medio da convocatoria dun sistema de axudas económicas vencelladas á un concreto baremo de renda existente na familia o 31-12-2012, obviando os cambios económico-sociais que se puideran producir neste último ano e medio; sistema de axudas que non dá cobertura máis que a unha porcentaxe das familias, polo que non é universal como a constitución ordea, e desoíndo as recomendacións da Defensora do Pobo que aposta firmemente polo sistema de préstamo universal como método idóneo, económica e educativamente, para garantir esa obriga da nosa Lei Fundamental.
Esta confederación rexeita asimesmo a futura organización de “bancos de libros” cos libros que se terán que devolver por ter sido adquiridos con subvencións, por:
– Introduce desigualdades entre o alumnado: haberá nenos con libros “liberados”, e nenos con libros “que hai que coidar porque hai que devolver”, iso visibiliza a necesidade social e estigmatiza aos nenos e nenas implicados.
– Non garante a igualdade de tratamento nos cursos posteriores, dependendo das axudas solicitadas, e dos libros “recadados”, así serán de completos os futuros bancos de libros.
– Deixa totalmente fóra da cobertura pública a adquisición de calquera material escolar diferente dos libros de texto.
– Sobrecarga de labores administrativas a libreiros e profesores, mesmo os responsabiliza do correcto funcionamento do sistema; estamos así utilizando as horas do persoal docente para facer traballos que non lles corresponden no canto de se dedicar ao ensino, como é a súa función, a súa preparación e o seu interese.
– Convirte aos profesores e equipos directivos en policías que deben facer un seguemento dos libros de texto subvencionados porque eles serán quen os teña que recoller ao final do curso.
– É antieconómico, porque non garante a recuperación dos libros, antes ben, a Administración vai iniciar un camiño que levará a unha constante reclamación de obrigas incumpridas, co conseguinte custo administrativo.
– Non dá solución aos cursos nos que se produza un cambio de libros de texto. Neses anos inutilizaríanse todos os libros adquiridos moi recentemente.
– Paradoxalmente inaugúrase o ano no que remata o período de seis anos de vixencia do libros actuais, polo que podería darse o caso de que todos os libros recuperados en xuño de 2015 fosen inutilizables para o curso seguinte, agás de que a Adminsitración modificara esa duración incrementándoa, como esta confederación defende.
– É confuso para as familias, xa que terán libros “para devolver” xunto con outros da súa exclusiva propiedade, xa que a axuda non abonda para adquirir todos os libros necesarios.
– E, sobre todo, continúa sendo unha solución parcial que non aborda o problema de garantir un ensino obrigatorio gratuíto.
Por iso esta confederación, respaldaba por centos de asembleas, de acordos de consellos escolares, de pronunciamentos de partidos políticos e sindicatos, dunha completa unanimidade da comunidade educativa, e do acordo da Defensora do Pobo, continúa dicindo, e continuará dicindo, que a Administración Galega debe retornar ao exitoso sistema de préstamo universal de libros de texto, como único medio para que todos teñamos acceso a esa gratuidade constitucional á que temos dereito.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



