A Deputación acolle o xoves, 12 de xuño, ás 19:30 horas, a xornada aberta e gratuíta Micropemes e autónomos fronte ó reto de incrementar as vendas. O organismo provincial organiza esta iniciativa en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e coa Asociación Jóvenes Empresarios de Lugo (AJE).
Expertos no sector empresarial tratarán os seguintes temas: modelos de reorientación de negocio, medidas coas que aumentar beneficios a curto prazo, identificación de necesidades non cubertas para reformular propostas de valor, elaboración dunha estratexia comercial, segmentación de clientes, canles de vendas, publicidade e marketing.
A institución luguesa organiza esta xornada no marco do Dinamíza-TE, a programación que busca impulsar os establecementos de autónomos e micropemes lucenses. A Deputación mantén aberto prazo de solicitude para que 300 profesionais da provincia reciban asesoramento gratuíto co Dinamíza-TE. Máis de 200 autónomos e micropemes se inscribiron ata o momento. Os interesados poden facelo ata o 20 de xuño en www.deputacionlugo.org. Máis información na propia web ou no 982-26-00-08.
O Dinamíza-TE ofrece os seguintes tipos de asesoramento, a escoller entre os participantes:
– Asesoramento en implantación de novas tecnoloxías: proporanse solucións software de negocio. Por exemplo, implantación de infraestruturas de TIC básica ou avanzada; ferramentas de produtividade, facturación, contabilidade, ERP, CRM, Certificado dixital, cursos de formación no ámbito TIC, Xestión de fluxos de clientes…
– Asesoramento en xestión comercial: determinaranse novas liñas de actuación na xestión de mercados e clientes. Por exemplo, novas áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación e fidelización de clientes, medios e ferramentas de promoción on – line…
Ámbolos tipos de asesoramento inclúen accións de mellora encamiñadas a impulsar a estratexia de márketing dixital. Para elo, farase unha completa avaliación das páxinas web (deseño, usabilidade, navegabilidade, …); do posicionamento nas redes sociais, da reputación online, dos beneficios dun blog, da xeolocalización nas principais plataformas…
Beneficios e orientacións
Acceso a mercados nacionais e internacionais, aumento e fidelización de clientes ou melloras organizativas no traballos, son algúns dos beneficios deste propósito. Os participantes recibirán da man dun equipo de profesionais, unha diagnose das necesidades e oportunidades dos seus negocios así como a elaboración dun plan de mellora e asesoramento técnico continuado. Do mesmo xeito determinarán áreas xeográficas e canles de venda, métodos de captación de clientes, melloras informáticas ou estratexias de márketing dixital.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



