Lugo, 23 de xuño de 2014.- O Goberno Provincial presentará unha moción, no vindeiro Pleno do 24 de xuño, para esixir a inmediata retirada das emendas presentadas polo Grupo Parlamentario do Partido Popular á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que buscaba garantir a prestación das especialidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear no HULA.
O texto presentado pola iniciativa veciñal pretendía engadir un artigo á Lei 8/2008, do 10 de xullo, de Saúde Galega, para garantir os servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear nas catro provincias, para que os lucenses contaran coas mesmas coberturas sanitarias que o resto de galegos. Malia que nun primeiro momento, na votación celebrada o pasado 25 de marzo, o Partido Popular pareceu sumarse á ILP, finalmente este presentou numerosas emendas á iniciativa, de xeito que non só “desvirtúan a petición inicial, senón que parapean ó Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa decisión de discriminar a 350.000 cidadáns polo feito de residir na provincia de Lugo”.
De feito, as seis emendas presentadas polo Grupo Parlamentario Popular modifican o articulado da iniciativa lexislativa cambiando o título desta por un de carácter moito máis técnico: “Lei pola que se modifica a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de Garantías de Prestacións Sanitarias”, e mesmo pretende “cambiar ata a alma do mesmo texto lexislativo substituíndo a exposición de motivos que botaba cifras que non admitían interpretación sobre a mortalidade vinculada á falta dos devanditos servizos”.
Estes cambios deixaron patente que “o Partido Popular non só pretendeu ocultar a súa manobra, senón que xogou coa poboación lucense apoiando a esixencia á Xunta de Galicia de que Lugo conte cos mesmos servizos que o resto de territorios, emendando ata os prazos de posta en marcha dos servizos”. Así, “o mesmo Partido vota un día que a hemodinámica chegue a Lugo nun prazo máximo de seis meses, e que a radioterapia e medicina nuclear estean dispoñibles nun máximo dun ano, e ó día seguinte propoñan o contrario alongando os prazos de execución dos servizos ata un tempo de dezaoito meses, que se suman ós tres anos transcorridos dende que Feijóo prometeu a dotación destes tratamentos”.
Feijóo discrimina ós lucenses
Deste xeito, as emendas presentadas por Feijóo non só cambiarán os prazos para garantir a dotación, senón que ademais, “baleirarán de contido os servizos esixibles”. A ILP esixía un mesmo servizo en condicións de igualdade para todos os galegos, con independencia da provincia na que residan, o que na práctica era dotar a Lugo dun servizo de Hemodinámica en funcionamento as 24 horas, algo co que xa contan os veciños da Coruña, Ourense e Pontevedra. Nembargantes, as emendas presentadas por Núñez Feijóo, que afirman que “todas as provincias dispoñerán de procedementos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear en Galicia”, remiten ó que xa acontece na actualidade: que estes procedementos existen para todos os galegos, pero que os lucenses “só poden acceder a eles a través dos hospitais da Coruña e de Santiago”.
Acordos
“Polo exposto, e ante a insensibilidade e cinismo do Partido Popular, que é capaz de votar a favor da ILP dos lucenses para logo emendar e desvirtuar esta a través de emendas ó texto presentado pola cidadanía, o Goberno da Deputación somete a Pleno o seguinte acordo:
– Manifestar o rotundo rexeitamento ás emendas presentadas polo PP á Proposición de Lei de Iniciativa Popular para garantir a prestación das especialidades de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear en igualdade de condicións para a cidadanía galega con independencia do seu lugar de residencia en Galicia.
– Esixir ó Grupo Autonómico do Partido Popular a inmediata retirada das emendas á ILP da Plataforma Veciñal por considerar que a devandita proposta de Lei aglutinou un amplo consenso para o seu desenvolvemento reflectido na unanimidade da votación.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



