A Federación de Comercio da Mariña acaba de asinar dous convenios de colaboración con distintas entidades, en aras de dar facilidades aos seus asociados ó acceso a determinadas actividades.
Os convenios asinados son, por unha banda a adecuación á Lei Orgánica de protección de datos de carácter persoal, e por outro Google Business Photos que consiste na realización dun Tour virtual polos negocios e darse a coñecer así a un maior número de clientes. En ambos convenios os asociados poderán beneficiarse de descontos e bonificacións que farán máis accesibles calquera das dúas accións.
Nos próximos meses seguiranse pechando máis convenios de colaboración con distintas empresas de distintos ámbitos, sempre relacionados con temas que poidan ser de interese para os asociados. Estes convenios están tendo moi boa acolleita entre as asociacións pertencentes á Federación, posto que as condicións son negociadas a nivel comarcal o que fai que as vantaxes e beneficios sexan mellores.
Durante os meses de xuño e xullo seguirá en marcha a campaña publicitaria que se está levando a cabo nos distintos medios da comarca, en defensa do comercio local e o consumo nas distintas localidades que forman A Mariña.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



