A inestabilidade política que se xerou no país ó remate da Guerra da Independencia (1833-39) e o auxe do bandolerismo en todo o territorio do estado , puxeron de manifesto a urxente necesidade de contar cun corpo armado, especie de policía rural, que garantise o orde público e velase polas vidas e facendas dos cidadáns. Foi entón cando se creou a Garda Civil, cuxa organización confiada ó Duque de Ahumada, reinando Isabel II; primeiro corpo de seguridade pública a nivel nacional: era o 13 de maio do 1844; hai 170 anos.
Preto de medio século dende a súa fundación, tardaría Foz en contar cun posto do Benemérito Instituto, pois foi o día 30 de agosto de 1891cando o alcalde don Ramón López Castiñeira daba conta á Corporación Municipal de que fora concedida ó noso concello a creación do posto da Garda Civil que tiña solicitado.
Para levar a efecto a concesión os munícipes acordaron tomar en aluguer a casa propiedade de don Francisco Couto para acuartelamento da forza e a tal fin facultaron ó señor alcalde para que procedese á adquisición dos seguintes efectos: unha mesa con hule negro; dous bancos, un palanganeiro con bacía ou jofaina e xarra; unha tablilla para o letreiro “Casa Cuartel de la Guardia Civil” e outra para fixar ordes e comunicados; unha izarra e unha tinaxa de barro para conter auga.
A partir daí foron varios os domicilos que acolleron o cuartel e o personal do mesmo, sempre, hai que recoñecelo, en instalacións moi precarias. E.así foi ata o ano 1976 que, ocupando a alcaldía Pancho Martínez, no lugar de Fondós, o concello mercou os terreos precisos sobre os que se constriíron unhas dependencias e vivendas dignas, que dende entón ocupan os membros da Garda Civil destinados no noso concello.Digamos, como curiosidade que hai 40 anos pagáranse polos devanditos terreos a cantidade de 100.000 pesetas; ou sexa 600 euros actuais. Son 125 nos os que a Garda Civil leva prestando os seus servizos en Foz; toda unha efeméride.
Suso Fernández





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



