O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, desprazouse este venres a Vigo para recoller as bandeiras azuis que recibiron os areais do municipio neste 2014. As praias de O Portelo, A Marosa e Ril lucirán estes distintivos o vindeiro verán. Tamén recibiron estes galardóns o barco museo Reina del Carmen e a aula de educación medio ambiental Gaia. Ademais o paseo das praias foi recoñedido coma sendeiro azul. O acto de entrega estivo presidido polo titular do executivo galego, Alberto Núñez Feijoo, e polo conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández.
