Santiago de Compostela 8/06/2014. A Mesa pola Normalización Lingüística pedíulle explicacións ao Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, por actuar en contra dos principios que rexen o organismo público que dirixe ao participar recentemente no Premio Vitrales, un certame literario en español e galego, anunciado e convocado exclusivamente en español.
Para A Mesa pola Normalización Lingüística, esta é unha mostra máis da arrogancia en contra do galego coa que actúa a Xunta e máis concretamente a SXPL, colaborando nun concurso que promove o uso do español, cando o galego é a única lingua que ten obriga de promover, defender e impulsar, e cuxa situación de inferioridade palmaria é a que motiva a mesma existencia da Secretaría Xeral que dirixe Valentín García.
O presidente da Mesa lembroulle a Valentín García, que na promoción do español actúan todos os días centos de organismos públicos entre os que se atopa o Ministerio de Cultura ou o Instituto Cervantes, cun orzamento notabelmente superior ao que ten a súa Secretaría Xeral, polo que “se entende que ten que promover unha lingua distinta da galega, o que ten que facer é demitir e incorporarse a algún deste organismos, mais non actuar sistematicamente en contra da lingua galega”.
Marcos Maceira indicou que colaborando nestas actividades, a SXPL, non só atenta contra os principios que teoricamente motivan a súa existencia, senón tamén da lexislación autonómica, desde o Estatuto de Autonomía, á Lei de Normalización Lingüística, ou liñas de actuación como o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado por unanimidade no Parlamento galego sendo Vicepresidente da Xunta Alberto Núñez Feixó, e que o propio Feixó, coa inestimábel colaboración de Valentín García, despreza para aplicar o seu particular Plan de Demolición da Lingua Galega.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



