Burela, 21 de xuño de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, manterá o vindeiro mércores unha xuntanza co xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais. No encontro, que xa estaba previsto desde hai tempo, estudarán co arquitecto redactor do proxecto da nova gardería as súas características. Dito proxecto podería ser entregado a principios de xullo e a partir de aí o Concello xa lle podería conceder a licenza de obra.
O rexedor explicou que “o xoves publicouse no Diario Oficial de Galicia o anuncio de exposición pública do acordo adoptado polo pleno do Concello en relación coa aceptación da oferta feita polos propietarios para a adquisición do solar para a nova escola infantil municipal. O trámite seguido foi o de expropiación con xustiprezo, a oferta presentada polo propietario foi moi vantaxosa economicamente para o Concello e polo tanto, cumprindo a lei, exponse ao público durante 20 días hábiles”. González Barcia sinalou que “ao finalizar ese prazo procederemos á firma cos propietarios da acta de ocupación do solar e ao mesmo tempo levaremos a cabo os trámites administrativos para efectuar o pago do importe aos propietarios do solar. A partir dese momento o Concello xa será propietario de pleno dereito do solar da nova escola infantil e será cando se entregue o terreo á Xunta de Galicia para comezar a construción desa nova dotación de carácter educativo e social”.
O alcalde burelés anunciou que “o próximo mércores, aproveitando unha reunión que xa estaba prevista co xerente da Axencia Galega de Servizos Sociais, estudaremos co arquitecto redactor do proxecto as súas características porque podería ser entregado no Concello a principios do próximo mes de xullo. E a partir de aí xa poderíamos conceder a correspondente licenza de obra”.
José Mª González Barcia considera que “vamos dando pasos pouco a pouco para a consecución dun servizo que nosoutros consideramos fundamental, tanto dende o punto de vista social como do educativo, pero tamén para asentar poboación en Burela, axudar á creación de emprego e polo tanto mellorar as condicións de vida dos cidadáns e ao mesmo tempo axudar a que o tecido socioeconómico do noso concello siga medrando e avanzando”.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



