Este martes 3 de xuño comeza na Unidade Residencial da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña o Obradoiro de equidade de xénero. Este obradoiro presentouse á Convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade, para solicitar a súa colaboración.
Nesta iniciativa pioneira para a nosa entidade abordaranse obxetivos como coñecer como afecta a perspectiva de xénero ao desenvolvemento na sociedade, a igualdade ante as tarefas para manter a autonomía de homes e mulleres na Unidade Residencial, compartir e traballar sobre experiencias vitais relacionadas coa enfermidade mental e o xénero e a importancia do coidado da saúde física e mental.
Levaránse a cabo distintos talleres dende xuño a novembro dentro deste obradoiro como son:
• Taller de entrenamento en habilidades da vida diaria,
• Taller de xénero
• Taller de autoestima positiva
• Taller de hábitos de vida saudables
Con estes talleres, o que se pretende é traballar pola igualdade entre homes e mulleres, ademáis de facer fincapé en valores tan importantes como a tolerancia, o respeto , a paz, a solidariedade… o que redundará nunha mellora da autoestima e da calidade de vida de tódalas usuarias, da Unidade Residencial “A Mariña”, todas diagnosticadas dunha enfermidade mental crónica.