Lugo, 24 de xuño de 2014.- A Xunta colaborará na loita contra os incendios forestais cos concellos da comarca da Mariña, para o que aprobou o financiamento de 12 brigadas municipais. A Consellería do Medio Rural e do Mar inviste 335.123 euros euros nesta acción, que beneficia aos 12 concellos da zona que o solicitaron e suporá a contratación nos vindeiros días de 62 traballadores e traballadoras.
Así o expuxo este martes a delegada territorial de Lugo, Raquel Arias, que subliñou a aposta da Xunta pola colaboración cos concellos “para conseguir unha maior eficacia na loita contra o lume a través da optimización no uso dos recursos”. No caso da Mariña, disporán de brigada propia os municipios de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, O Vicedo, Ourol, Trabada, Viveiro e Xove.
Arias, acompañada polo xefe territorial de Medio Rural e do Mar, Ramón Losada, explicou que o persoal destas brigadas ven a completar o operativo despregado con persoal propio pola Xunta en toda a provincia, co que “o dispositivo de loita contra incendios deste ano será similar en liñas xerais ao do pasado exercicio en canto a número de efectivos”.
Tamén en relación con este asunto, Arias sinalou que “a colaboración cos municipios enmárcase no ámbito da coordinación e apoio entre administracións” e introduce claras vantaxes, “xa que garante a optimización dos recursos dispoñibles, faise fincapé nas tarefas de prevención, gáñase operatividade porque os gobernos locais coñecen mellor as necesidades de actuación no seu termo municipal, e increméntase a eficacia porque todo o operativo está coordinado por un único mando do Servizo de Defensa contra Incendios da Xunta de Galicia”.
As brigadas constan de entre 4 e 6 membros e, entre as súas obrigas, terán que acreditar traballos de limpeza nun mínimo de 5 hectáreas do municipio, realizando tarefas de roza, rareo e eliminación de restos en terreos municipais ou de dono descoñecido ou ben vías nas que é impracticable a limpeza mecanizada, con tractor, e debe facerse a man. Atendendo a circunstancias especiais de situación xeográfica, masa forestal ou risco de incendios, hai concellos que constituirán dúas brigadas.
A delegada indicou que este modelo de colaboración cos concellos na prevención dos lumes, posto en marcha o ano pasado, “está a mudar tamén un pouco a imaxe da ordenación do noso territorio, xa que se actúa para que todas as franxas que bordean os núcleos rurais e os núcleos urbanos se manteñan limpas”.
Arias considerou que a maioría dos concellos “están coa mesma sensibilidade que a Xunta” para facer fronte a esta lacra e existe unha “excelente coordinación” entre administracións. De feito, subscribíronse tamén convenios para sufragar o funcionamento dos vehículos motobombas e para a aplicación de tratamentos preventivos de limpeza en camiños, pistas e outros espazos vexetais coa intención de minimizar o risco e os efectos dos lumes.
Neste sentido, valorou tamén que esa coordinación xa se veu acreditando coa formación dos grupos de Emerxencia por toda Galicia “e agora tamén coas brigadas que van facer prevención e defensa contra os incendios”, concluíu Arias.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



