Cervo, 10 de xuño de 2014- A edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, respondeu ás críticas do PSOE de Cervo con datos clarificadores. Armada fixo públicas as cifras dos cartos que destina cada administración a financiar servizos sociais. Así, sobre un investimento total de 367.400 euros, o Concello destina o 46% (168.500 euros), a Xunta o 53% (194.200 euros) e a Deputación o 1% (4.700 euros).
Neste sentido, Armada asegura que os socialistas “non son os máis indicados para falar de gasto social”, xa que a achega da Deputación é “de risa”.
Ao mesmo tempo, a edil considera que o PSOE de Cervo “ou non se entera ou non se quere enterar de que os cartos cos que se vai financiar a remodelación do campo de fútbol non se poden destinar a gasto social”. Armada lembra que ese investimento sae do remanente de tesourería que, segundo a lei, só se pode dedicar a obras e actuacións que impliquen un aforro económico para o Concello, como é o caso do campo de fútbol, xa que inclúe medidas para reducir o consumo eléctrico e de auga.
Por iso, Armada pídelles aos socialistas “que digan abertamente que non queren que os nenos e nenas das categorías de base teñan un campo en boas condicións. Pero sexan sinceros cos veciños e deixen claro que están en contra de todo o que beneficie ao municipio, igual que fixeron coa praza dos Campos”. “Sempre se opoñen a todo o que xera actividade e dinamiza o concello”, remata a edil.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



