Santiago, 30 de xuño de 2014.- O voceiro de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, acusou esta mañá de imprudencia temeraria aos rexedores de Ribadeo e O Valadouro por non solicitar as brigadas contra incendios.
José Manuel Balseiro manifestou que, tanto Fernando Suárez coma Edmundo Maseda, deberían tomar exemplo doutros rexedores da provincia de Lugo que, con moi distintas cores políticas, si decidiron conveniar coa Xunta as brigadas municipais nun acto de responsabilidade cos intereses dos seus veciños.
De feito, na comarca da Mariña só os concellos de Ribadeo e O Valadouro non disporán deste servizo. No caso deste último municipio é ademais a primeira ocasión na que non se disporá de brigada contraincendios durante o verán xa que, cando no Valadouro gobernaba o Partido Popular, sempre se solicitou e contou con ela.
Dous concellos con alta incidencia incendiaria
Para o voceiro de Montes do Grupo Popular os alcaldes de Ribadeo o do Valadouro non poden ser alleos a un dato que dá mostra da importancia de dispoñer das brigadas forestais, como é o feito de que, precisamente estes dous concellos de A Mariña, foron os que sufriron os lumes máis virulentos nestas últimas datas.
Neste senso o deputado popular cualificou de moi lamentable que Fernando Suárez e Edmundo Maseda non dean a importancia que teñen as brigadas, chamadas a ofrecer unha primeira intervención en caso de incendio, pero tamén a executar labores de prevención, limpeza e desbroces, moi necesarias no verán, época de alto risco.
Ambos mandatarios locais esquecen tamén que os incendios forestais son unha ameaza non só ao patrimonio forestal público e privado (tanto montes de particulares, montes veciñais en man común), senón aos recursos naturais e ao mantemento e desenvolvemento da actividade persoal e profesional no medio rural.
Colaboración obrigada por lei e perda de empregos
Jose Manuel Balseiro aclarou que a lexislación vixente establece a obrigatoriedade dos concellos de colaborar coa Xunta de Galicia na loita contra esta lacra. En concreto, os concellos teñen atribuídas, a teor dos artigos 80 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia e 25 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, competencias en materia de protección do medio ambiente, protección civil e a prevención e extinción de incendios.
Por este motivo o Goberno galego puxo en marcha os convenios para a constitución das brigadas e polos que a Xunta financia ata o 75% do total dos custes salariais das persoas contratadas. Balseiro sinala finalmente que non só se está renunciando a esta axuda senón tamén á creación de novos empregos, aos das persoas que se contratarían para cubrir este servizo durante tres meses nos respectivos concellos.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



