A Concellería de Medio Ambiente organizou, con motivo da celebración do día mundial do medio ambiente, unha excursión a Cerceda. Os asistentes, unhas 50 persoas, visitaron o complexo de Sogama e coñeceron tamén o programa de compostaxe doméstica que se está a desenvolver en varios concellos galegos, entre os que se atopa Barreiros. Alí en Sogama recibiron tamén unha charla de boas prácticas medio ambientais. Acompañóunos nesta viaxe o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente.
