Os equipos benxamín e alevín da ED Burela FS participarán no IX Torneo Base Cidade de Betanzos que se celebra os días 20, 21 e 22 de xuño. O torneo da cidade coruñesa, organizado polo Troula FS, é un clásico e un referente do fútbol sala de base ao que os equipos laranxas acoden cada tempada. Nas últimas edicións o evento especializouse nas categorías benxamín e alevín, mostrando un gran nivel deportivo e unha gran convivencia entre os clubs participantes.
No torneo participan oito equipos por categoría e clasifícanse os dous primeiros de cada grupo para semifinais. A xornada do venres 20 comezará ás 18.00 horas e acaba ás 23.00. O sábado entrarán en liza os equipos da ED Burela FS, nunha xornada que se inicia ás 9.00 horas para finalizar ás 00.00 horas. As semifinais xóganse o domingo 22 durante a mañá, mentres que as finais celebraranse pola tarde; 16.30 horas final de benxamíns e 17.30 horas final de alevíns.
GRUPOS
CATEGORÍA BENXAMÍN
Grupo A: CP CASAS, O PARRULO FERROL FS, 5 CORUÑA FS, TROULA BETANZOS FS.
Grupo B: CLUB DO MAR, CIDADE DE NARON FS, ED BURELA FS, AZKAR LUGO FS
ED Burela FS: Alejandro Bermúdez, Noel, Anxo, Lucas, Pablo, Pedro, Alejandro Altamirano, Martín, Javi, Yago Ares. Adestrador: Benito Repiso
CATEGORÍA ALEVÍN
Grupo A: 5 CORUÑA FS, O PARRULO FERROL FS, ED BURELA FS, AZKAR LUGO FS
Grupo B: D’SEMPRE CAFE, CIDADE DE NARON FS, AZKAR LUGO FS “B”, TROULA BETANZOS FS
ED Burela FS: Pablo, Nico, Diego, Antonio, Pol, Alex, Anxo, Dani e María.
Adestrador: Carlos Moreno.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
