O vindeiro sábado día 21 a Peña Deportivista de Burela celebra unha BONITADA con motivo do remate da tempada “co tan prezado retorno á 1ª División”. Queremos contar coa presenza de diversos membros de Peñas Deportivistas da Mariña, así como dos nos@s soci@s e simpatizantes deportivistas da comarca. A cita é na terraza da Bodeguilla, na Praza da Mariña, a partires das 14.00 horas para degustar o Bonito de Burela preparado de diferentes maneiras. O prezo da comida é de 10 euros, 5 para os socios. Tamén contarán coa presenza dun membro da directiva do Real Club Deportivo da Coruña así coma algunha sorpresa, coma o sorteo dun BONITO e diferentes agasallos máis. Agardan confirmación de asistencia antes deste venres 20 de xuño nos teléfonos 680 494 228 e 669 381 643 ou ben a través dunha mensaxe privada no facebook ou no correo da peña deportivistaburela@hotmail.com.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



