Cervo, 18 de xuño de 2014.- O Concello de Cervo fixo entrega na tarde deste mércores dos cheques das axudas ás entidades deportivas para o ano 2014. Un acto no que estivo presente o alcalde, Alfonso Villares, o edil de Deportes, Luis Guillén, e os representantes dos clubs e sociedades de fútbol beneficiarias. Unha xuntanza na que ademais Villares e Guillén aproveitaron para interesarse polas súas necesidades e reivindicacións.
En concreto, a administración local repartiu 24.000 euros entre as catro entidades, como son o Club Deportivo San Ciprián, a Sociedade Deportiva Cervo-Sargadelos, a Sociedade Deportiva Candelaria e a Asociación Deportiva Cultural San Román. Hai que destacar que estas axudas están financiadas ao completo con fondos municipais e que o Concello vén entregando estas subvencións nos últimos anos como forma de apoiar a actividade deportiva.
Uns importes que os clubs e entidades poden destinar a gastos relacionados coa promoción deportiva, pero tamén á participación en campionatos deportivas federados ou a gastos de funcionamento, conservación, mantemento ou reparacións menores, sempre que non sexan considerados investimentos.
Para o edil de Deportes, “esta subvención ten un impacto moi positivo nas entidades deportivas, porque é unha forma directa de colaborar con elas e coa súa actividade, fomentando o seu dinamismo e, ao mesmo tempo, promovendo o deporte de base e o fútbol en xeral”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



