Este venres 6 de xuño preséntase en Ribadeo a coordinadora local da organización política Compromiso.
O obxetivo desta formación política é ser unha plataforma de participación cidadá, para fomentar e facilitarlle a participación en política a calquera veciño, e así poidan tomar un papel activo na toma de decisións que lles inflúen.
Presentaremos candidatura as eleccións municipais, o noso candidato será elixido en primarias abertas a cidadanía entre todos os veciños que se queiran presentar, como ven facendo está organización para a escolla dos seus candidatos as diferentes eleccións dende o seu nacemento.
A persoa que toma a iniciativa e encargada de coordinar o traballo de Compromiso en Ribadeo será Agustín Yañez, que exercerá de portavoz da organización a nivel local.
“Anímo a todas e todos os veciños que queiran tomar un papel activo no seu entorno, a todas as persoas que queiran facer política de forma distinta, que queiran participar dun proxecto colectivo que demostra con feitos que outras prácticas na vida pública son posibles. Calquera persoa que desexe contactar con nós pode facelo por medio do facebook, da páxina do partido ou ben falando directamente conmigo.Dende Compromiso non somos políticos profesionais, somos cidadáns cos nosos traballos que queremos que mellore o noso concello e para iso empregamos o noso tempo”, dixo Yáñez.
Así mesmo, o portavoz Local de CxG engadiu que “consideramos que en Ribadeo se poden mellorar moitas cousas e nós estamos aquí para facer aportacións positivas, para presentar alternativas e para que en Ribadeo os veciños poidan dispor dunha verdadeira ferramenta democrática por medio da cal participar en política”.
“Somos unha organización de paredes de cristal e portas abertas, na que calquera cidadán pode participar, opinar e votar sen estar tan sequera afiliado. Somos activistas políticos, persoas con vocación de servizo público, ganas de facer aportacións positivas para mellorar o noso entorno e a sociedade, traballamos para algo tan sinxelo como para que nas institucións haxa persoas que gobernen para persoas”, asegurou Iván Marrube, responsable de política municipal.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



