Lugo, 18 de xuño de 2014.- O Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou que a Deputación convidou a todas as asociacións da provincia ó proceso de elaboración do 1º Orzamento Participativo dun organismo provincial en España, que ten en marcha a de Lugo. Gómez Besteiro adiantou que se enviaron máis dun milleiro de cartas ós colectivos lucenses para pechar cos mesmos o calendario das reunións, que arrancarán de xeito inminente, nas que se escoitarán as súas propostas. O Presidente fixo este anuncio durante a inauguración do Seminario sobre o Goberno Aberto na provincia de Lugo, que se celebra no Pazo de San Marcos dende hoxe e ata o venres, e no que destacados profesionais no país abordan, precisamente, a implantación de políticas que incrementen a participación cidadá e a transparencia na xestión pública como, por exemplo, a creación de orzamentos participativos.
“Para afondar na democracia é imprescindible insistir na transparencia, participación, acción da información ou na rendición de contas. A Deputación de Lugo non ten medo do resultado que derive dun goberno aberto, posto que só entende que, nos tempos que corren, para os cidadáns, e para nós, non é suficiente votar cada 4 anos, senón que queren, e teñen dereito, a ser partícipes na xestión do público día tras día. Por iso, o 2015 será o ano onde a de Lugo sexa a primeira Deputación en España en contar cun orzamento participativo. Estamos traballando nun proceso no que os veciños comparten connosco a responsabilidade de establecer as prioridades do gasto público”, destacou Gómez Besteiro.
A Deputación de Lugo pioneira
As experiencias de presupostos participativos que se deron ata o momento no país foron no ámbito local, en Concellos e Deputacións. Houbo experiencias en municipios de máis de 200.000 habitantes de Madrid, Sevilla, Zaragoza, Córdoba ou Málaga. As Deputacións de Málaga e Barcelona impulsaron presupostos participativos en Concellos das súas provincias, pero non fixeron participativo o seu propio orzamento. Só a Deputación de Guipúzcoa puxo en marcha no 2013 unha experiencia piloto cunha pequena parte do seu presuposto e nun determinado territorio. Planteou unha consulta cidadá en Urola, para que os veciños esta Comarca decidisen onde investir 500.000 euros da Deputación. Polo tanto, a Deputación de Lugo será a primeira en España en someter todo o seu presuposto á participación cidadá nos 67 Concellos da provincia.
Seminario sobre o Goberno Aberto da provincia de Lugo
O 1º Seminario sobre o Goberno Aberto da provincia de Lugo permitirá abrir un amplo debate sobre temas como as políticas orientadas ó goberno aberto e o seu grao de desenvolvemento na provincia de Lugo; as posibilidades que ofrecen as TIC para o deseño e posta en marcha de políticas públicas, ou o papel dos cidadáns na planificación e execución dos servizos públicos, para que coñezan cales os servizos que prestan as administracións, que proxectos desenvolven e onde se invisten os seus cartos. Estas xornadas crearán un espazo para o achegamento e o debate entre responsables políticos, cidadáns e empregados públicos, acerca do fenómeno da difusión das tecnoloxías da información e a comunicación dos gobernos e a cidadanía, atendendo especialmente ó ámbito local.
Para elo, ata o vindeiro 20 de xuño, o Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá ata 13 conferencias e 3 mesas redondas na que participarán ata 15 expertos procedentes de Universidades españolas coma a Pompeu Fabra; a de Santiago de Compostela; a Universitat Oberta de Catalunya; a do País Vasco; a de Deusto ou a de Barcelona, así como das Universidade de Cardiff e Bath (Reino Unido). Recoñecidas figuras, especialistas en xestión pública, como Carles Ramió Matas; Adela Mesa del Olmo; Agustía Cerrillo i Martínez; Roser Beneito-Montagut ou Andrés Cernadas Ramos abordarán aspectos como a participación cidadá como ferramenta fundamental dos gobernos intelixentes; as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para a mellora da xestión dos servizos públicos ou as smart cities, as cidades intelixentes e socialmente innovadoras.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



