O vindeiro venres, 13 de xuño, terá lugar a Vª Edición da Romaría ao San Antonio da Rigueira, dende a súa recuperación no ano 2009. Durante estes cinco anos, non só se recuperou gran parte da afluencia de público, senón que tamén parte das oito antigas rutas que os romeiros e romeiras seguían ata o santuario da Rigueira. Como cada ano, identificarase a cada romeiro cun carné de romaxe onde constarán os seu nome, así como o da ruta que segue a a súa saída. Este carné ha de ser selado nos puntos da súa ruta habilitados a tal efecto (achégase horarios de saída e puntos de selado de cada ruta). Unha vez que cada romeira e romeiro chegan á capela, han ser recibidos na jaima do Concello, e alí faráselles entrega da súa Ventura (Certificado da romaxe), xunto cunha flor: un lirio blanco (a flor do San Antonio). O número de Selos dun Carné dependerá da Ruta seguida. Pois haberá distintos puntos de selado en en casetas ao longo do camiño.
Os romeiros e romeiras que queiran participar desta edición deben inscribirse previamente no Laboratorio de Investigación Social do Concello de Xove (982 592 001, con Ana ou Lucía). Ou no seguinte correo electrónico: lucia@xove.es. O prazo de inscrición remata o 12 DE XUÑO.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



