Ribadeo, 6 de xuño de 2014. O salón de plenos do Concello acolleu a entrega de premios aos gañadores da novena edición do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo.
O xurado do evento decidiu que a mellor tapa foi a elaborada por Casa Pepe-O Piano, con Non te cortes; o segundo premio foi para o hotel restaurante O Cabazo, con Juanín; o terceiro premio para Galipizza&Cía, con Un leitón no noso pan; e a tapa Ribadeo foi para hotel restaurante La Villa, con Unha tarde na ría. O xurado decidiu concederlle unha mención especial a mesón pulpería O Forno, con Os tres solombos do chef.
E os premios do público foron para hotel restaurante O Cabazo, coma mellor tapa; e restaurante La Solana, coma mellor barra.
Un total de 20 persoas resultaron agraciadas con diferentes agasallos nos sorteos realizados entre os clientes que realizaron os percorridos nas 5 zonas propostas polo Concello de Ribadeo. Entre os premios figuran packs de botellas de viño de Joaquín Rebolledo e de DEO, de roupa de Sapagueira e Hola Ola, bonos para consumir na praza de abastos de Ribadeo, vales de compra de ACISA para gastar nos establecementos asociados, un curso de surf, unha cesta de picnic de Marica da Berza, e varios xantares na bodega de Joaquín Rebolledo. E o premio dos Soños Gastronómicos correspondeulle a unha veciña de Xixón, que será agraciada cunha viaxe en avioneta por Ribadeo.
Os locais gañadores do Ribadeo de tapeo ofrecerán unha degustación gratuíta das súas tapas o vindeiro venres, 13 de xuño, pola noite. Son: Casa Pepe, O Cabazo, Galipizza&Cía, La Villa, O Forno e La Solana.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



