Espectacular o ambiente de festa vivido na clausura desta temporada das ED MondoñedoLourenzá. Con preto de 600 comensais para a cea baile, a directiva das Escolas fixo un traballo impresionante para que todo o mundo disfrutara ata as tantas da madrugada dun fin de festa digno de mención.
A xornada iniciábase o venres coa etapa da Volta Ciclista ás Comarcas (Lourenzá – Lourenzá) para continuar durante todo o sábado. Pola mañá as Cadetes disfrutaban do último encontro da fase de Ascenso e xa pola tarde tiñan lugar os clásicos partidos de pais, monitores e alumnos nas pistas do pavillón e do campo de fútbol. Ás 20.00 horas chegaba a tradicional gala de exhibición de patinaxe para dar paso ás 22.00 horas á cea baile que incluía a clausura oficial e a entrega de premios ós mellores deportistas do ano.
Estiveron presentes no acto: Dª. Emma Alvarez, alcaldesa do Concello de Lourenzá; D. Orlando González, alcalde do Concello de Mondoñedo; D. Antonio Veiga, Vicepresidente da Excma. Deputación de Lugo; D. Manuel Otero, Xefe do Servicio Provincial de Deportes; D. Vidal Martinez-Sierra, Deputado Autonómico; Dª. Elena Candia, Deputada Provincial; Dª Elena Freire, doncelleira de Deportes de Mondoñedo; D. Pablo Maseda , Presidente das Escolas e Concelleiro de Deportes; D. Dino Vidal, teniente de Alcalde do Concello de Lourenzá e D. Manuel Barreira, Presidente do Mondoñedo C.F; ademais dos representantes dos patrocinadores oficiais: Carlos López (Augacons) / Rafa Cabaleiro (Pan. Neli).
Entre os 350 deportistas vinculados ás escolas, dos que 200 son nenos e 150 adultos, divididos en 19 equipos e 9 seccións, os premiados foron:
Sección F. SALA/FÚTBOL
FÚTBOL SALA PREBENXAMÍN LOURENZÁ – MONDOÑEDO
PREBENXAMÍN 1 : Xián Fibreiro Rivas
PREBENXAMÍN 2: Diego Huertas Rivas
PREBENXAMÍN 3: Óscar Bdez. Barreira.
FÚTBOL SALA BENXAMÍN LOURENZÁ e F. Sala Bx Mondoñedo.
Premiado Lourenzá: Eduardo Reigosa Castro
Premiado Mondoñedo: David Rivas Amor
FÚTBOL 8 BENXAMÍN.
ANTONIO GLEZ-REDONDO OTERO
FÚTBOL SALA ALEVÍN:
DIEGO RIVAS OLIVEROS.
FÚTBOL 8 ALEVÍN LOURENZÁ E MONDOÑEDO:
FÚTBOL 8 ALEVÍN MONDOÑEDO: MANUEL RÍO ARAUJO.
FÚTBOL 8 ALEVÍN LOURENZÁ: ADNAN ITRIH.
FÚTBOL / Fútbol Sala INFANTIL
MARCOS IRIMIA REGO
FÚTBOL SALA CADETE:
JULIO PRADO LÓPEZ.
FÚTBOL XUVENIL
JOSÉ ANGEL BERMÚDEZ GARCÍA. PICHI.
FÚTBOL 1ª AUTONÓMICA. LOURENZÁ.
ISAAC FERNÁNDEZ IGLESIAS.
SECCIÓN: CAMPO A TRAVÉS/ATLETISMO.
PREMIO MELLOR DEPORTISTA MASCULINO:
SUBCAMPIÓN GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS 2013 2014
ALEXANDRE SANTIAGO LÓPEZ.
PREMIO MELLOR DEPORTISTA FEMININO:
CAMPIÓN GALEGA DE CAMPO A TRAVÉS 2013 2014
ANA VALLINES FERNÁNDEZ
SECCIÓN: ATLETISMO:
1 – PREMIO CATEGORÍAS MENORES.
A PROTAGONISTA, AINARA RGUEZ ARES.
2.- ATLETISMO. ADULTOS.
MARTÍN PARDIÑAS DÍAZ.
SECCIÓN: DUATLON
JAVIER VIDAL CUBA.
SECCIÓN: CICLISMO.
JAVIER LEGIDE GLEZ.
SECCIÓN: PATINAXE.
SARA GARCÍA ÁLVAREZ.
SECCIÓN: DEPORTES DE RAQUETA.
BÁDMINTON:
– PABLO OTERO NOVO.
En TENIS DE MESA
– IVÁN LÓPEZ CABANAS.
SECCIÓN: BALONCESTO
– CATEGORÍA BENXAMÍN:
REBECA LÓPEZ GLEZ-REDONDO.
– CATEGORÍA ALEVÍN:
YANIRA DÍAZ FIALLEGA
BALONCESTO INFANTIL:
– LIDIA BARREIRA GLEZ.
BALONCESTO CADETE:
– CARLA DÍAZ FIALLEGA.
BALONCESTO 2ª AUTONÓMICA:
AINHOA VEGA LÓPEZ.
BALONCESTO NACIONAL:
Aquí recae o PREMIO Ó MELLOR DEPORTISTA DO ANO DAS ESCOLAS. Toda a directiva queremos que esta temporada o premio simbólico desta pequena homenaxe recaia nun home que leva preto de 9 anos adestrando con nós, sen dar unha queixa e loitando sempre pola pasión do baloncesto que leva dentro. Pedimos o aplauso e a merecida ovación da noite ó Mister do Equipo de Nacional:Juan Nécega Rguez.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
