Barreiros, 30 de xuño de 2014.- Arredor de 200 persoas asistiron ao VI Encontro no Eido Dourado, que tivo lugar o pasado sábado nos xardíns deste espazo dedicado á arte, na praia da Pasada, en San Miguel de Reinante. O seu promotor e propietario Celso Dourado asegurou que a cita foi un éxito “tanto pola asistencia de público, como polo bo tempo que nos acompañou e por suposto pola calidade dos artistas convidados”.
Xabier Díaz, voz solista do grupo Berrogüeto; Mini e Mero; Xiana Lastra e Abraham Cupeiro deleitaron coas súas actuacións ao público asistente. No VI Encontro no Eido Dourado tamén houbo teatro con Os da Ría e poesía con David Otero. Na cita inaugurouse nos xardíns unha escultura do berciano Domingo, que estivo acompañado por Paco Pestana.
Este encontro foi a arranque da sexta tempada do Eido Dourado que abrirá as súas portas desde mañá, 1 de xullo, e ata finais do verán de martes a domingo en horario de 11:30 a 13:30 horas e de 18 a 21 horas.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



