Burela, 29 de xuño de 2014.- Mais de douscentos sendeiristas acudiron ao convite da asociacion Pasada das Cabras de Burela, para celebrar un Día do Socio moi especial, pois coincide co 10º aniversario da asociación. Os colectivos mais representados foron Peña Furada de Navia, Os Sendeiros de Foz, Terras de Lourenzá e Sociedade Micolóxica Lucus de Lugo, aos que agradeceron a súa presenza, acompañándoos coa súa amizade neste día tan sinalado, no que non foron tanto por andar, se non por convivir entre amigos.
Nesta ocasión realizouse unha nova ruta que, partindo da serra do Buio e utilizando as pistas dos eólicos, remataba no monte Castelo, cunha comida especial a base de empanada e dunha paella xigante, para os mais de 200 participantes, que foron cociñando no Castelo ao longo da mañá, á altura do mellor Máster Xefe de cociña.
A xornada inicial, durante a ruta, estivo horrible, con continuos trebóns acompañados de fortes ventos e néboas, pero pola tarde luciu bastante o sol, o que permitiu facer o baile despois da comida e a esperada queimada. A música correu a cargo do incombustible artista de Ferreira Juan.
En definitiva un día moi especial para todos, con sendeirismo, compañeirismo, convivencia e gastronomía… especialmente para os de Pasada que celebraron este 10º aniversario ao grande.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



