Os do bipartidismo seguen sen entender nada. Afastados como están da rúa, aínda non dixeriron o notable descenso de votos nas últimas eleccións e, no canto de cambiar de estratexia, seguense enrocado nas súas posicións.
Mentres miles de cidadans saíron á rúa para reivindicar a república trala renuncia do rei, os dirixentes do PP e PSOE non fixeron máis que adulalo. O monarca cría que abdicar era unha casa de coches de aluguer e por iso tardou 39 anos en facelo
O peloteo do PP ao rei era previsible, aínda que non tanto o do PSOE, que renunciou ás súas raíces republicanas e apuntouse ao carro oficialista da babosería, negando a palabra ao pobo para que decida libremente si quere república ou monarquía.
A campaña laudatoria do rei fixo ruborizarse a máis dun. Ata o máis convencido monárquico podería fácilmente converterse ao republicanismo só por vergonza allea. Tanto tostón non pode pasar desapercibido a ninguén.
O poder sempre ten medo a exercer a democracia sen andrómenas nin ambages porque teme que o pobo o contradíga e censure. A monarquía ten pouco que ver coa democracia porque o xefe do Estado non o elixe a xente senón que se impón por privilexios sucesorios de sangue.
Os gobernos temen que o pobo pronúnciese polo sistema político que quere, polo seu autodeterminación ou polos recortes sociais. Só queren democracias formais, seguen querendo subditos, non cidadans, pan e circo e non cultura, cartos na Suiza e fame na rua………
Otero Regal.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



