O Centro de Interpretación do Camiño Norte de Mondoñedo acolleu este mércores 11 de xuño a presentación das VII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”, que terán lugar os días 4, 5 e 6 de xullo.
Na presentación estiveron presentes Orlando González Cruz e Xusto Fernández Haro, en representación do Concello de Mondoñedo, quen colabora con este evento, e Luís Fernández Ansedes, presidente da Asociación Abrindo Camiño, organizadora destas xornadas.
Segundo Luís Ansedes estas xornadas, que se levarán a cabo entre os días 4,5 e 6 de xullo, estarán divididas en tres apartados diferenciados que xirarán arredor do grupo literario Leiras Pulpeiro, do Camiño Norte e da Variante Marítima do Camiño Norte.
Comezarán as VII Xornadas o día 4 de xullo ás 20 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, momento no que terá lugar a inauguración destas xornadas, evento para o que se conta ca presenza de Antón Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, Rafael Sánchez Bargiela, Director Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Laureano García Díaz, presidente da Agrupación de Asociacións do Camiño Norte así como coa presenza dos alcaldes de Mondoñedo, Barreiros e Foz.
Este día as actividades xirarán entorno ao grupo literario Leiras Pulpeiro, presentándose a audioguía e un audivisual do roteiro turístico-literario Leiras Pulpeiro. Continuarán cun encontro literario no que participarán Armando Requeixo, Antón Reigosa, Matías Escalera e Julia Labrador. Rematará o día cun concerto no que César Morán e Rebeca Maseda musicarán varios poemas de Leiras Pulpeiro.
O día 5 estará dedicado ao Camiño Norte, comezando cunha reunión das Asociacións do Camiño, unha visita guiada ao Centro de Interpretación e unha mesa debate sobre a figura de San Francisco de Asís, que contará coa presenza de Luís Casado Soto e Manuel Rodríguez. A derradeira mesa debate da mañá versará sobre as singularidades do Camiño Norte, centrándose no albergue do Abuelo Peuto e o seu programa de reinserción social entorno ao penal do Dueso.
A tarde estará dedicada a percorrer a variante marítima. Percorrido que saíndo de Foz chegará ata a basílica de San Martiño de Mondoñedo, visitarase o xardín botánico de Caxigueiro, o recinto do Eido Dourado, praia das Catedrais, Illa Pancha e rematará en Ribadeo.
O domingo 6 de xullo o programa será moito máis lúdico, pois trátase dun percorrido polo Roteiroturístico-literario Leiras Pulpeiro, que saíndo do Centro Cultural de Alcántara percorrerá os lugares emblemáticos da vida de Leiras. A tarde estará dedicada á Romaría da Fervenza, con xantar campestre, torneo de chave, xogos acuáticos e música.
Rematarán as VII Xornadas ca posta en escena da obra teatral ‘Os amores dun mariñán’, representada polo grupo de Teatro O Bordelo de Cervo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



