Cervo, 14 de xuño de 2014- A Asociación Mulleres de San Ciprián e o Concello de Cervo deron este sábado a coñecer o programa e o cartel de Lembrando tempos no río, unha actividade que se desenvolverá por segundo ano consecutivo en San Cibrao o 21 de xuño pola tarde.
Unha iniciativa que organiza a entidade de mulleres e coa que colabora o Concello e que nacera o ano pasado co obxectivo de revivir a tradición de ir lavar ao río como unha forma de “lembrar os esforzos, os sacrificios e os duros traballos que facían as mulleres en tempos nos que as tarefas domésticas se facían a man” e en xeral, “poñer en valor o papel da muller ao longo da historia, fosen cales fosen as tarefas que tivese que realizar” asegura a edil de Igualdade, Pilar Armada.
A actividade comezará ás 17 horas, cando todas as persoas participantes sairán da Prazoleta de San Ciprián e iniciarán a súa marcha en dirección ao río Covo, ataviadas con utensilios propios para lavar como son a táboa, a tina, o xabón ou a roupa. Durante o camiño ao río irán falando e cantando cancións populares e tradicionais. O seu destino será a área recreativa de río Covo, na zona da ponte medieval, onde lavarán algunhas pezas e ao remate, gozarán dunha merenda de convivencia. Despois, de volta á vila, pararán na praza dos Campos, onde atoparán o fin de festa cos Gaiteiros de San Ciprián.
Na presentación de hoxe estivo presente o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Igualdade, Pilar Armada, a presidenta de Mulleres de San Ciprián, Amparo Pernas e outras membros da entidade, que se reuniron no mesmo punto onde se desenvolverá a actividade.
Armada convida a todos os veciños a participar como unha forma de “recrear o ambiente que se vivía décadas atrás cando as mulleres se xuntaban para lavar a roupa”. Da mesma maneira, a edil asegura que esta actividade pode ser atractiva para todos os públicos, “os maiores poden lembrar aquelas épocas e os máis novos poderán experimentar como era a vida tempos atrás”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



