A segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 deparou un duelo espectacular entre dous equipazos. Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid ofreceron un espectáculo deportivo digno de ver e que grazas a Pasión Media Comunicación puido seguirse en directo vía streaming. Finalmente, o Atlético de Madrid conseguiu o seu pase á gran final tras vencer, prórroga incluída, por 3-5 a un Burela Pescados Rubén que se deixou a alma no seu obxectivo de chegar á final.
O choque resultou vibrante desde o pitido inicial, con ambas escadras querendo dominar e unha intensidade que foi aumentando co transcorrer do os minutos. O primeiro en golpear foi o Atlético de Madrid, Leti sorprendeu cunha falta directa para situar o 0-1, pero a reacción laranxa non se fixo esperar por mediación de Claudia (1-1) e máxima intensidade en Vista Alegre. O empate deu paso ós mellores minutos dun Burela Pescados Rubén aínda que non puido irse con vantaxe ao descanso ao que se chegou con 1-1. No segundo capítulo, a película comezou a tinguirse de laranxa e aínda que as de Quico Otero non aproveitaron a superioridade, trala expulsión de Leti por dobre amonestación, lograron bater a Belén en dúas ocasións. Bea Mateos fusilou á meta madrileña (2-1) cun potente disparo e Daniela culminou unha contra guiada por Lidia para marcar o 3-1, minuto 32. Con esta renda as mariñás recolleron os froitos ao seu dominio, pero emerxeu a figura de Ju Delgado no partido e igualaron a contenda con dous goles, chegando ó empate (3-3) cando Vista Alegre acariñaba a final.
Prórroga
No tempo extra, o cansazo na pista era evidente debido ao esforzo e a intensidade dos corenta minutos. O Burela Pescados Rubén intentaba repoñerse do varapau do empate aínda que as colchoneiras apertaron e de novo a brasileira, Ju Delgado, danou a nave mariñá. Tras unha acción individual brillante disparou á madeira e o rexeite aproveitouno Rocío Sevilla para remontar o choque (3-4). A dous segundo do primeiro tempo extra, Lara dispuxo da ocasión para empatar, pero o seu lanzamento desde o doblepenalti foi rexeitado por Belén. Na segunda parte, o Burela Pescados Rubén queimou as naves e as forzas que lle quedaban para empatar, ata con Claudia de porteira xogadora, pero Anita Luján selou a vitoria e o pase á final marcando o definitivo 3-5.
José Venancio López
O seleccionador absoluto da selección española estará presente na final da XX Copa de España que deparará unha final madrileña entre AD Alcorcón e Atlético de Madrid Navalcarnero que se disputa en Vista Alegre este domingo 8 de xuño ás 12.00 horas e que se poderá seguir en directo en streaming en www.burelafs.org con Pasión Media Comunicación.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Bea Mateos, Daniela, Peque -cinco inicial- Maite, Lara, Lidia.
Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Leti, Anita Luján, Cristina -cinco inicial- Natalia, Rosana, Rocío Sevilla.
Goles: 0-1, m.4, Leti; 1-1, m.9, Claudia; 2-1, m.26, Bea Mateos; 3-1, m.32, Daniela; 3-2, m.34, Ju Delgado; 3-3, m.39, Ju Delgado; 3-4, m.45, Rocío Sevilla.
Árbitros: Martínez Torres e Sierra Márquez de Pontevedra. Tarxeta amarela no Burela a Peque, Claudia, Lidia. No Atlético a Leti, dobre amarela, expulsada minuto 23, amarela a Ju Delgado, Rosana.
Incidencias: Segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 disputada no pavillón Vista Alegre. 900 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Félix Aranda, fundador e vicepresidente do Atlético de Madrid, recentemente falecido.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
