O BNG de Burela, como xa fixo no seu día, quer expresar unha vez máis a súa total disconformidade e frontal desacordo co inxusto sistema polo que o Goberno Municipal do PP concede subvencións aoscolectivos e asociacións da vila.
O Goberno do PP, co Sr. Barcia á cabeza, está a utilizar o diñeiro de todos os veciños e veciñas de Burela de xeito claramente clientelar e discriminatorio, sen uns criterios e unhas bases públicas que garantan os principios de equidade e transparencia. Independentemente de que se podan subvencionar puntualmente algunhas actividades ou facer convenios de colaboración con determinadas entidades, ese non deber ser o xeito habitual de proceder á hora de conceder subvencións públicas ao conxunto do tecido asociativo.
Os propios colectivos non coñecen os motivos polos que se lles conceden ou denegan axudas públicas, sen que exista a posibilidade de que podan presentar unha solicitude pola que sexan baremados obxectivamente e onde se valorencuantitativa e cualitativamente as actividades que realizan ao longo do ano.En palabras de Mario Pillado, portavoz municipal do BNG, “queda claro que o PP non goberna para todos os veciños e veciñas de Burela e que o único que procura é a confrontación directa con determinados colectivos”. Pillado engadiu que “existen numerosas asociacións da nosa vila que desenvolven unha importante actividade durante todo o ano e que a día de hoxe aínda non coñecen os motivos polos que foron excluídas das subvencións a colectivos o pasado ano. Desde o Goberno está a aplicarse unha política clientelar onde o diñeiro público se xestiona en función do interese particular e non do interese xeral.”
O Sr. Barcia discrimina de xeito descarado á Banda de Música de Burela, deixándoa sen ningún tipo de subvencióntamén este ano.
O feito de que non haxa unha convocatoria pública de subvencións á que podan concorrer todas as asociacións que o desexen, provoca que algunhas asociacións queden sen ningún tipo de axuda por vontade do propio Goberno Municipal, como é o caso da Banda de Burela. O Concello, que en 2011 denunciara por motivos económicos o Convenio de Colaboración que existía coa Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela, deixa agora a esta asociación fóra das axudas concedidas en 2014, sendo das poucas (se non a única) que non vai recibir un só céntimo por parte da Administración Local.
O Concello decidiu prescindir do director da banda desde o pasado mes de marzo e agora deixa á agrupación sen ningunha axuda económica. O Sr. Alcalde debe aclarar que futuro quere para a Banda de Burela ou se pretende que desapareza directamente.




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



