Ribadeo, 12 de xuño de 2014. O Club de Remo Ribadeo celebrará o vindeiro venres o seu primeiro acto público nesta nova etapa na que se volve a poñer en funcionamento tras preto de dez anos sen actividade.
Con un acto de inauguración, no que o club abrirá simbolicamente as súas portas para calquera persoa que queira visitar as instalacións, o Club de Remo Ribadeo dará oficialmente o pistoletazo de saída a unha nova etapa na que “aspiran a devolverlle ao remo e a Ribadeo o esplendor que tiveron con este club”, manifestou o Presidente, David Rivas Peña.
Desde a nova directiva, conformada por oito mozos ribadenses que no seu momento practicaron este deporte, convidan a “todas as persoas que queiran coñecer as instalacións a acudir o vindeiro venres, a partir das 20:30 horas, á antiga fábrica de algas; onde o club desenvolverá a súa actividade e que xa están sendo adecuadas polos propios membros da directiva coa axuda do Concello de Ribadeo.”
No acto tomarán a palabra o Presidente do Club de Remo Ribadeo, David Rivas Peña; o Alcalde e o Concelleiro de Deportes de Ribadeo, Fernando Suárez e Vicente Castro e o Vicepresidente primeiro da Deputación e Delegado de deportes, Antonio Veiga.
Con este acto, a nova directiva pretende “presentar en sociedade” o novo club, a nova equipación e o material co que contan; así como iniciar xa a captación de persoas asociadas para dar comezo ao longo deste mes aos cursos de iniciación ao remo e traballar na creación de equipos de diversas categorías.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
