Foz, 5 de xuño de 2014. O Concello de Foz está arranxando estradas de varios núcleos das parroquias de Santa Cilla e Vilaronte. Tamén empezaron as obras para substituír os pasos de peóns elevados da vila focense que non cumprían a normativa.
O concelleiro de Medio Rural e Obras, Pedro Fernández Manín, anunciou hoxe que “en Santa Cilla estanse asfaltando viais nos barrios de As Boroas e Catarou, que estaban completamente estragados. Na parroquia de Vilaronte acabamos de arranxar no barrio de Mañente e agora continuaremos cos accesos á Rúa. Estas obras están incluídas nunha subvención de Agader, a través da Xunta de Galicia, que costea o cen por cen do investimento”.
Pedro Fernández engadiu que “debería tomar nota a Deputación Provincial de Lugo, organismo para o que Foz non existe, nin para o arranxo das estradas de propiedade provincial nin para a limpeza das vías públicas, porque concretamente a subida ao Santo dende Marzán, onde estes días estamos en festas, tivemos que limpala e axeitala dende o Concello de Foz. Non entendemos como algún grupo político de Foz critica que non hai previsión por parte da Xunta de Galicia e ignora completamente á Deputación. É posible que haxa algún interese para que non saia a relucir, por parte deste grupo e do seu portavoz, algo tan esencial como limpar e arranxar unhas estradas que usamos todos os veciños”.
O concelleiro de Obras tamén explicou que “estanse substituíndo os pasos de peóns elevados, que foron feitos no mandato municipal anterior cun custo bastante elevado e que ocasionaron reclamacións por parte dos veciños, protestas que xa transmitíramos dende o Partido Popular cando estábamos na oposición e a contestación do Partido Socialista, que era o que gobernaba e no que estaba o señor Cancio e algún membro do PSOE que está na corporación actual, foi que non había cartos para poder rebaixalos. Pero agora, despois de ter pagado 1.400.000 euros dende o ano 2011, cando entramos no goberno local, estamos a arranxar os pasos de peóns, polos que hai reclamacións dos veciños de Foz”.
Ademais Fernández Manín rematou comentando que “acabamos de pintar os pasos de peóns, aínda que faltan estes que estamos a facer novos e dous ou tres máis, e quero pedir desculpas por se esas obras causaron molestias a algunha persoa, aínda que, como coordinador deste traballos, creo que a empresa que os fixo puxo todos os medios para non obstaculizar a circulación”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



