Ante a celebración das tradicionais e populares Fogueiras de San Xoán e San Pedro, é preciso a adopción dunhas elementais medidas de prevención, polo que dende o Concello de Ribadeo se prohibe quemar rodas ou cubertas de goma, plástico ou calquera material derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes ou tóxicos.
Tampouco se poderán facer fogueiras en lugares próximos a tendidos eléctricos, edificios ou calquera outro no que poidan crearse situacións de perigo.
Cada fogueira terá un ou varios responsables que comunicarán nas Oficinas Municipais o impreso que se facilitará en Secretaría indicando o lugar da queima e comprometéndose á adopción das medidas de seguridade precisas.
O prazo máximo para comunicar a queima será, para as fogueiras de San Xoán, ata as 14.00 horas do 20 de xuño e, para as de San Pedro, ata as 14.00 horas do 26 de xuño.
Os responsables de cada fogueira encargaranse de retirar da vía pública todos os restos que queden unha vez remaada a queima.
En caso de incumprimento do indicado, ou de queixas xustificadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Municipal, a sufocar de inmediato a fogueira.