Os prexubilados da planta de Alcoa San Cibrao por Contrato de Relevo que foron chamados para acudir ó traballo 32 días ó año, considéranse enganados; xa que cando a empresa os animaba a acollerse a esa xubilación, aseguráballes que non terían que realizar o 15% da xornada porque a empresa asumiría os costes. Deste xeito, “non tería que presentarse na empresa”, explica José Manuel Piñar.
O CSI-F considera “absurdo” que “ALCOA se disculpe alegando que os chama porque a Inspección de Traballo llelo esixe. Isto é un absurdo porque calquera empresario é moi libre de pagar un salario por unha xornada que non se realiza”.
A reforma que o goberno realizou o pasado 20 de decembro na Ley 16/2013, especifica que as empresas deben gardar as fichaxes de entrada e saída de todos os días que se traballan. Isto é coa finalidade de evitar a picaresca dalgunhas empresas que realizan contratos a tempo parcial e ó final lles obrigan a realizar xornadas completas, aforrándose desta forma pagar más impostos. Pero “este non é nin parecido ó noso actual problema; xa que a empresa abona o salario por unha xornada que non te obrigan a realizar por ser tratado previamente cos traballadores”, asegura Piñar Quesada.