Lugo, 17 de xuño de 2014.-O director do Igape, Javier Aguilera, participou este martes nunha xornada técnica desenvolvida na sede da CEL na que se presentou o programa financeiro Galicia 1000, impulsado pola Consellería de Economía e Industria co obxectivo de dar resposta ás distintas necesidades que poida ter a empresa en función da súa situación. Dentro desta iniciativa integral de financiamento empresarial, Aguilera destacou o programa de préstamos directos Jeremie, unha liña de apoios pioneira en Galicia que conta cunha dotación inicial de 8 millóns de euros procedentes de fondos Feder, coa que o Goberno galego prevé mobilizar 15 millóns de euros no tecido empresarial galego.
Concederanse préstamos comprendidos entre 70.000 e 1.050.000 euros, cos que se poden financiar ata o 70% dos proxectos de investimento. As bonificacións de xuros previstas na convocatoria permitirán que os tipos de xuro efectivo resultantes poida ser inferior ao 1,3%.
O programa Galicia 1000 incorpora tamén liñas de financiamento bonificado polo Igape, para os emprendedores e as pemes que se financien mediante préstamos ou microcréditos concedidos polas entidades financeiras con fondos do ICO. Ao abeiro do Impulsa Lugo, bonificación poderá ser de ata 4 puntos para as empresas da provincia
Ademais, dentro deste programa integral de financiamento as empresas teñen á súa disposición os fondos de capital risco e préstamos participativos de Xesgalicia, cos que se apoian tanto proxectos empresariais dos novos emprendedores como o impulso a proxectos de sectores estratéxicos ou empresas que, sendo economicamente viables, precisen financiamento para superar dificultades transitorias.
Outro instrumento de financiamento que desde a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, se pon a disposición do tecido empresarial galego son as liñas de garantías para achegarlles ás empresas o circulante necesario para manter ou incrementar a súa actividade.
En total, o programa Galicia 1000 destina 50 millóns de euros para atender as diferentes necesidades das empresas en función da súa situación. Deste xeito, o Goberno galego prevé financiar arredor de 1.000 proxectos empresariais a través dun paquete integral que mobilizará 200 millóns de euros no tecido empresarial.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



